A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Carnota, parroquia de Lariño, quedou controlado ás 11,29 h. de hoxe.
O lume orixinouse ás 15,07 h. de onte, por mor dun vehículo que comezou a arder na estrada e logo pasou a terreo forestal. Segundo as últimas medicións, afecta unha superficie provisional dunhas 125 hectáreas, a maior parte delas de monte raso. Ata o momento mobilizáronse para o seu control 2 técnicos, 11 axentes, 17 brigadas, 13 motobombas, 2 pas e 1 helicóptero.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.