A Concellería de Seguridade Cidadá do Concello de Ourense, en colaboración coa Policía Local de Ourense, continúa levando a cabo a segunda parte da programación de reforzo da sinalización viaria na cidade. Esta actuación inclúe tanto a reposición daquela sinalización que se atopa en estado defectuoso, como daquela outra que require dun reforzo para garantir unha maior seguridade viaria, tanto para o tránsito peonil como o de vehículos.
Dentro desta a programación, están a levarse a cabo distintas iniciativas e traballos, entre os que salientan:
- Rúa Xesús Pousa: Nova sinalización horizontal dunha nova glorieta (con delimitación de carrís, ceda o paso, frechas direccionais e pivotes).
- Sinalización de prazas de mobilidade reducida na rúa Dalí e na Avenida de Bos Aires.
- Sinalización de prazas de motos na rúa Salvador Dalí e a Avenida de Santiago.
- Cambio de sinalización vertical de perigo, que se atopaba deteriorada, na zona de Pena Trevinca. Tamén se cambiou esta sinalización en Emilia Pardo Bazán e Antón Faílde
- Repintado de pasos de peóns en Río Xares-Río Mao
- Repintado de zonas de carga e descarga así como paradas de autobús en diversas rúas da cidade.

A partir de mañá, se o tempo o permite, modificarase a sinalización vertical e horizontal na rúa Sampaio para converter en sentido único o tramo comprendido entre as rúas Araceli Ancoechea e Xosé Luís López Cid (que deixará de ser de dobre sentido de circulación). Tamén se repintarán os pasos peonís da rúa Xosé Luís López Cid.





Guía de San Pedro Alcántara
Comentarios
Aviso





