O Concello de Ourense seguirá adiante coa tramitación da ordenanza de veladores, unha proposta que conta co consenso dos grupos políticos e que, en palabras do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, "é exemplar". Esta decisión tómase logo de lle trasladar o texto -o pasado 12 de febreiro- á Comisión Técnica de Accesibilidade da Xunta de Galicia, coa finalidade de que lle dese conformidade sobre o artigo 9, relativo á Normativa de accesibilidade "malia non ser perceptivo facelo", explica Jácome.
O Goberno Municipal entende que a proposta de Ordenanza de veladores cumpre coa normativa. "Trátase", afirma o alcalde, "dun texto exemplar, redactado polo city manager, e xera consenso cos diferentes grupos políticos".
A proposta de ordenanza aborda temas máis técnicos que políticos", afirma Pérez Jácome, polo que está lista para a súa aprobación na Xunta de Goberno Local.