A Policía Local de Ourense detivo este martes, 4 de xullo, un veciño de Ourense de 39 anos por un suposto delito de roubo con forza nun local comercial da rúa Vicente Risco. Ás 14.55 horas recibíase unha chamada na Central de Comunicacións avisando de que unha persoa accedera ao interior dun local, do que activou o sistema de seguridade. A Policía enviou até o lugar varias patrullas, pero alí só estaba a propietaria do establecemento, que acudira por mor da alarma. Porén, puidéronse recoller datos do sospeitoso, que foi localizado aos poucos minutos na rúa Alejandro Pedrosa portando varias pezas do establecemento nunha mochila -pantalóns, zapatillas deportivas e unha chaqueta de chándal-, polo que a Policía Local procedeu á súa detención e instrución de dilixencias xudiciais.
Orde de detención. O mesmo día, no cruzamento das rúas Alejandro Pedrosa con Río Sil, procedeuse á detención dun varón de 46 anos sobre o que había unha orde de detención e ingreso en prisión.