Lara Méndez entrega os diplomas aos dezasete mozos e mozas que se formaron en animación 2D e 3D co apoio do Concello de Lugo
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da edil de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana Abelleira, fixo entrega dos diplomas aos dezasete mozos e mozas que completaron o Curso de Animación 2D e 3D, que se desenvolveu no marco dun convenio de colaboración entre o Concello e a Fundación INCYDE, cofinanciado pola UE a través do Fondo Social Europeo.