O servizo municipal de parques e xardíns o Pontevedra iniciou esta semana os traballos no parque de xogos para rapaces de maior idade nas palmeiras que segundo informa o Concelleiro Iván Puentes, comezou coa retirada do pavimento deteriorado.
A obra contempla a reparación da totalidade dos elementos de xogo existentes coa substitución de todos aqueles con avanzado estado de desgaste.
Iván Puentes pon énfase na atención que dende o servizo de parques se ven desenvolvendo para lograr a mellor calidade e condicións de seguridade en todas as instalacións de xogo da cidade.
A actuación contempla o pintado e mellora estética dos elementos; eliminación de pintadas, lixado e tratamento os elementos metálicos que forman os xogos ou substitución de columpio cesta e redes de xogo.

Outro aspecto que destaca o concelleiro é a creación de ramplas de acceso á zona de xogo que eliminen o problema de accesibilidade que crea a pequena elevación da superficie do xogo sobre a cota das sendas do parque.
Por último, contémplase a renovación e nivelación completa do pavimento amortecedor conforme á normativa UNE, mediante creación de pavimento de capa de caucho de SBR e posterior colocación de novo céspede artificial.
Unha vez sexa rematada a obra que conta cun orzamento total de 48.194,88 euros, o parque someterase ao pertinente proceso de certificación ENAC, norma UNE como se está a facer de xeito progresivo coa totalidade de parques de xogo da cidade que se renovan integramente, co obxecto de manter as mellores garantías de seguridade.





San Pedro Alcántara
Guía de San Pedro Alcántara
Comentarios
Aviso





