A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada de concelleiros e concelleiras da Corporación, sumouse esta tarde a mobilización convocada pola Plataforma Feminista de Lugo en resposta ao cruel asasinato de Cristina Cabo Buján.
A rexedora foi contundente nas súas declaracións: "Debemos manternos firmes como sociedade e non dar nin un paso atrás na loita contra a violencia machista", sostivo. "As mulleres somos libres e debemos de poder exercer a nosa liberdade sen medo, e para iso, debemos ser contundentes e actuar contra todo tipo de violencias machistas desde todos os ámbitos, desde a educación e a concienciación social, coa lexislación na man e coas forzas de seguridade". "O foco, non o esquezamos nunca, son os que nos asasinan", incidiu.
A rexedora transmitiu, unha vez máis, o seu pesar e todo o seu agarimo á familia e amigos de Cristina Cano, "unha persoa moi querida e que nunca esqueceremos".
![Foto de la noticia](https://pictures.lanocion.es/2022/diciembre/1/011222-mobilizacion-en-resposta-ao-cruel-asasinato-de-cristina-cabo-bujan-2.jpg)