Co gallo das vindeiras eleccións do 28 de maio de 2023, o Concello de Ourense atenderá, nas instalacións da praza de San Martiño 2-baixo, as posibles reclamacións electorais, así coma a consulta do censo electoral vixente desde o 10 de ao 17 de abril no seguinte horario:
- Días laborais: de 9h a 14h e de 16h30 a 19h30
- Sábados e domingos: de 9h a 14h
O Concello de Ourense aumentou notablemente o censo no último ano, acadando as 105.703 persoas rexistradas nas oficinas municipais a data de 31 de xaneiro de 2023, día no que se pecha o censo electoral para as próximas municipais.
A cifra é superior, en arredor de mil persoas, á que se lle remitiu en 2022 desde o Concello ao Instituto Nacional de Estatística (INE), organismo que fará público o novo censo nuns meses, unha vez que depure e cruce datos cos doutros concellos (rexistros repetidos etc.).
Censo electoral. 83.571 ourensáns terán dereito a voto, de forma provisional -até que se resolvan as posibles reclamacións-, segundo os datos do INE, nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. Destes, 317 persoas pertencen ao rexistro CERE (Censo Europeo de Residentes en España), mentres que concorrerán, por vez primeira ás eleccións, 8.362 novas e novos electores que xa acadaron a maioría de idade precisa para exercer o dereito a voto.