O circuíto de carreiras populares "Correndo por Ourense", que organiza o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, inicia esta semana a súa edición número 11, incorporando novidades que fan que o evento sexa aínda máis atractivo.
O domingo, 23 de abril, será a primeira das carreiras, que percorrerá as rúas do barrio do Vinteún. A seguinte cita será no barrio do Couto, o 27 de maio. O 11 de xuño chegará a principal novidade do circuíto, o Trail Oira - San Tomé, que percorrerá a contorna da cidade -co seguinte itinerario: Oira, pasarela de Oira, pasarela do río Loña, Parque e Ponte da Lonia, senda fluvial, IES Mende, rúa Verea Vella, San Tomé, e regreso a Oira polo mesmo camiño-.
De seguido terá lugar a carreira do centro da cidade, o 25 de xuño, seguirán a da Universidade, o 3 de setembro, e a da Ponte, o 24 de setembro, para rematar na Carballeira, o 22 de outubro.

A inscrición pode facerse desde o espazo web https://correndoporourense.com, que contén ademais toda a información das probas.
A día de hoxe, luns, 17 de abril, xa se inscribiron medio millar de persoas. As que participen nas seis carreiras recibirán unha camiseta técnica conmemorativa do evento.





Guía de San Pedro Alcántara
Comentarios
Aviso





