O Tour do Talento, iniciativa impulsada pola Fundación Princesa de Girona coa colaboración do Concello de Lugo, chega esta semana á capital luguesa para impulsar e poñer en contacto o talento dos mozos e mozas da cidade. A programación, que se estenderá ao longo de seis días, dende o martes ata o vindeiro domingo, incluirá máis de 50 actividades, entre as que destacan foros, talent sessions e unha programación de lecer e actividades deportivas en diferentes espazos da cidade.
En concreto, a axenda deste martes, coa que dará comezo o Tour do Talento en Lugo, incluirá visitas guiadas, exposicións e obradoiros a cargo do CIFP As Mercedes e Escola de Arte Ramón Falcón; mesas redondas sobre emprendemento no marco da feira 'Coñece aos teus Polígonos e as súas empresas' e, tamén, sobre arte urbán, coa participación de diferentes artistas deste ámbito; entre outras actividades.

Despois de pasar por Zaragoza (do 20 ao 24 de febreiro), Valladolid (do 13 ao 18 de marzo) e Córdoba (do 13 ao 19 de abril), o Tour chega a Lugo cun programa enfocado a potenciar a empregabilidade, o emprendemento, os traballos do futuro, as competencias profesionais máis demandadas polas empresas, o awareness dixital, a educación, o benestar e o impacto social.
Todas as actividades serán gratuítas e abertas ao público, algunhas con aforo limitado. Toda a información e os horarios pode atoparse na web https://tourdeltalento.org/es/evento/lugo/ onde tamén están abertas as inscricións para participar en diferentes sesións.





Guía de San Pedro Alcántara
Comentarios
Aviso





