A Deputación de Lugo mantén despregado un amplo operativo para dar resposta ás incidencias rexistradas nas vías provinciais como consecuencia da borrasca Joseph. Durante toda a xornada deste luns os equipos técnicos traballaron para garantir as máximas condicións de seguridade nas estradas afectadas. Nestes momentos, atópanse pechadas catro vías provinciais por asolagamentos e danos derivados do temporal:
- A LU-P-1701, de Feira do Monte a Muimenta, á altura do quilómetro 9.
- A LU-P-0802, de Begonte a Santalla, ao inicio da vía, no cruce coa N-VI.
- A LU-P-3501, de Navia de Suarna ao Alto do Restelo, pola caída da Ponte de Aceña.
- E a LU-P-6502, que une Vilalba con Chavín pola Balsa, no concello de Muras, á altura do punto quilométrico 22,8 ante o risco de derrubamento dunha ponte.
Durante este luns, os técnicos rexistraron numerosas incidencias na rede viaria derivadas, principalmente, da caída de árbores e desprendementos. Ademais, a institución provincial está a avaliar os danos da ponte que se derrubou en Navia para poder encargar con urxencia as obras de reparación.

Así mesmo e ante a previsión de fortes nevaradas, a Deputación de Lugo despregará desde primeira hora deste martes un amplo dispositivo -composto por 24 máquinas quitaneves, 8 vehículos de apoio, 8 todoterrenos e 64 operarios- para garantir a seguridade nas estradas e facilitar a circulación. Esta mesma mañá, na zona da Montaña, tamén se realizaron diversas intervencións para despexar as vías da comarca que rexistraron un espesor de neve de entre 3 e 4 centímetros.





Guía de San Pedro Alcántara
Comentarios
Aviso





