Centos de lucenses déronse cita estamañá no Parque Rosalía para participar no acto de lembranza da alcaldesa Paula Alvarellos, no día no que se cumpre un ano do seu falecemento. O acto contou coa lectura dun poema escrito polo seu compañeiro de grupo e amigo, Pablo Permuy, tamén falecido o ano pasado, a cargo da concelleira Ángeles Novo. Previamente, o alcalde de Lugo, Miguel Fernández, deu as grazas a todas e todos os lucenses que se achegaron ao Parque Rosalía, para participar neste acto co que "quixemos lembrar a nosa alcaldesa e amiga", da que destacou o seu "compromiso, traballo, tenacidade, valentía e ilusión tanto na súa faceta política como persoal". Ademais, quixo salientar o seu carácter "cercano e empático e a súa honradez e integridade para levar a cabo o compromiso que adquiriu coa cidade de Lugo", polo que deixou "unha fonda pegada entre toda a veciñanza".

Ao acto asistiron centos de lucenses, entre eles concelleiros e concelleiras de todos os grupos da Corporación municipal; traballadores e traballadoras do Concello; representantes doutras administracións públicas, de asociacións veciñais e do ámbito social, político, empresarial, cultural, así como das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. O peche correu a cargo de Roi Álvarez, cantante e guitarrista do grupo Forguet La France, quen interpretou o tema "La chica de ayer", unha das cancións preferidas da alcaldesa; coa entrega dun ramo de flores aos seus familiares; e co aplauso xeral de todos e todas as asistentes en sinal de lembranza e de cariño á figura de Paula Alvarellos.





Guía de San Pedro Alcántara
Comentarios
Aviso





