A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade de Galicia, María Jesús Lorenzana, acompañada do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e da conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe no acto de entrega do VII premio Executivas de Galicia a Carmen Canal, fundadora de Aceites Abril, onde puxo en valor o potencial emprendedor e a capacidade de mando das mulleres galegas que, como a homenaxeada, contribúen a unha Galicia mellor.