O pasado domingo día 3 de abril, a cidade recibiu a San Lázaro. Foi a partir das 11 horas cando, tivo lugar a misa na honra do Santo, e posterior procesión ata a Igrexa dos Franciscanos, no Parque de San Lázaro.
Ás 13 horas, a zona da Subdelegación do Goberno, foi o centro das actividades conmemorativas deste día, coa “queima das madamitas”. Trátase dun acto inspirado nun rito pagán que data do século XII e que marca o final do inverno e da a benvida a primavera ao tempo que anuncia a proximidade da Semana Santa “... Lázaro, Ramos, en Pascuas estamos”.
As madamitas son unhas figuras de papel articuladas, que xiran nunha rápida ruleta ao tempo que arden e estallan as luces de pirotecnia que para moitos supoñen a queira dos “malos espíritos” para renovarse e iniciar un novo ciclo que comeza coa primavera.
Polo San Lázaro, tamén celebrou a festividade o barrio de Peliquín, onde os veciños/ as honran ao seu patrón cunha misa.