A rexedora cumpriu neste mandato o obxectivo de completar, por primeira vez na historia, ao 100% o cadro de persoal do corpo de bombeiros.
Os bombeiros de Lugo recuperarán mañá, mércores, os actos de celebración da festividade do seu patrón, San Xoán de Deus, tras varios anos sen celebrala, entre eles, a época da pandemia. E fanno con varias actividades tanto de confraternización entre o equipo deste corpo municipal de extinción de incendios e salvamento así como cun percorrido de parte dos vehículos do servicio polas rúas da cidade para amosar os seus respectos á veciñanza lucense.
A comitiva estará composta por un total de dez vehículos do parque móbil (autobombas urbanas lixeiras e pesadas, autoescaleras automáticas extensibles, autobrazos extensibles, unha unidade de mando e xefatura, unha unidade de transporte de carga e persoal e un furgón de útiles varios), que sairán as 11.30 horas do Parque de Bombeiros.
A Alcaldesa, Lara Méndez, acompañará ao Sarxento Xefe de Bombeiros, Miguel López Palacios, e ao resto de profesionais deste servizo na saída, así como no resto das actividades programadas, como é unha misa na honra de San Xoán de Deus e ao acto de confraternidade ao que asistirán tanto profesionais en activo coma compañeiros xubilados.

A comitiva de vehículos percorrerá a Avenida da Coruña, Rolda da Muralla, Rúa Vilalba, Avenida Ramón Ferreiro, San Roque, Rolda da Muralla, Doutor Germán Alonso, Fonte dos Ranchos, Avenida das Américas e a Nacional VI, regresando despois ao Parque de Bombeiros.
Plantilla ao 100%
A alcaldesa, Lara Méndez, cumpriu neste mandato o obxectivo de completar ao 100% o cadro de persoal do servizo de Bombeiros, por primeira vez na historia. Deste xeito, o Concello reforzou nos últimos meses os efectivos do parque municipal coa incorporación de 24 profesionais, cos que se cobre a totalidade dos 56 efectivos incluídos na Relación de Postos de Traballo.
Ademais do incremento no cadro de persoal, se foi dotando de máis medios de traballo e de recursos para modernizar este servizo tan querido polos cidadáns, como son melloras nas instalacións, máis vehículos, ferramentas informáticas para optimizar a xestión e unha formación permanente.