Alcer Lugo descobre os tesouros de Monforte grazas a unha ruta accesible do Coñece a túa provincia da Deputación
A Deputación de Lugo organizou este martes unha ruta adaptada para que o colectivo Alcer Lugo puidera participar no programa de viaxes gratuítas da institución provincial Coñece a túa provincia. Concretamente, 23 usuarios e usuarias desta asociación lucense que dá apoio aos doentes de ril visitaron Monforte de Lemos e descubriron lugares emblemáticos da Ribeira Sacra como o Pazo de Tor, San Vicente do Pino e o Centro do Viño.





Guía de San Pedro Alcántara





































