A Concellaría de limpeza viaria de Pontevedra, xestionada por Raimundo González, traslada esta semana o zafarrancho de limpeza á zona de Canto de Area no barrio de Estribela.
Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada e na mañá do xoves. A zona de estacionamento estará valada dende o mércores pola tarde prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.
A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello.





San Pedro Alcántara
Guía de San Pedro Alcántara
Comentarios
Aviso





