A cidade de Ourense acollerá esta Semana Santa a undécima edición do Torneo Internacional de Ximnasia Rítmica "Ourense a provincia termal 2023", que organiza o Club Marusia Ourense coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense. A presentación desta competición, á que asistiu o asesor de deportes do Concello de Ourense, Aníbal Pereira, tivo lugar esta mañá no Pazo Provincial.
O Torneo Internacional desenvolverase desde o xoves, 6 de abril, até o domingo, 9 de abril, no Pazo dos Deportes Paco Paz. O xoves, en xornada de mañá e tarde, terán lugar a competición de conxuntos escolares, individual promoción e conxuntos promoción. O venres serán individual prebase, conxuntos prebase, e o individual base e masculino. O sábado será a competición individual internacional nivel absoluto e, o domingo pola mañá, os conxuntos de copa base, as finais de primeira categoría e as finais sénior.
