A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, xunto ao Vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, ofreceu este luns no Pazo de San Marcos unha recepción institucional a unha delegación de Cuba encabezada polo Embaixador cubano en España, Marcelino Medina. Este encontro serviu para consolidar a cooperación e fortalecer os lazos entre a provincia e o conxunto dos países iberoamericanos e caribeños.
No encontro, Pilar García Porto destacou os vínculos históricos de Lugo con Cuba e manifestou o interese en expandir as relacións ao longo do Atlántico. Subliñou a importancia de aproveitar as raíces compartidas para fomentar novas vías de intercambio que impulsen o desenvolvemento conxunto.

Durante a visita, Marcelino Medina, que estivo acompañado pola delegación cubana formada polo Cónsul Xeral de Cuba para Galicia, Asturias e Cantabria, Ingrid Izquierdo; o Conselleiro de Asuntos Políticos da Embaixada de Cuba, Miguel Vélez; e o Conselleiro Económico e Comercial do Consulado Xeral de Cuba en Santiago de Compostela, René Capote. Ademais, o embaixador de Cuba, recibiu como agasallo institucional unha ánfora de Gundivós, que lle fixo entrega o Vicepresidente da Deputación de Lugo.
Na recepción, tamén estiveron presentes o Director do Centro Fidel Castro, René González, e o Presidente da Asociación Amistad e Solidaridade Láncara-Cuba e promotor da Casa Museo Ángel Castro Argiz , Centro de Interpretación da inmigración Galega, Antonio Sobrado. O Embaixador e a delegación cubana visitarán mañá, 13 de xullo, estes centros con motivo do Aniversario 98 do natalicio de Fidel Castro. A Deputada Pilar García Porto acompañará á comitiva que coñecerá un espazo cultural reformado e acondicionado coa colaboración da Deputación de Lugo, e que se sitúa na casa natal do pai de Fidel, Raúl Castro e os seus irmáns.