Pasadas as 22 horas, eles mesmos contactaron co 112 Galicia e explicaron que estaban perdidos nunha zona de monte. Observaban unha estrada, pero non podían acceder a ela.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse aos axentes da Garda Civil e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Nogueira de Ramuín.
Durante varias horas, o Grupo de Rescate e Intervención en Montaña (GREIM) da Garda Civil traballou na zona do mosteiro de Santo Estevo e finalmente localizou ilesas ás persoas perdidas, ás que axudou a baixar ata a estrada mediante unhas cordas.

O rescate deuse por finalizado a medianoite, e os implicados foron levados nun vehículo de Protección Civil ata o lugar no que se aloxaban.