O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, instou hoxe ao goberno da señora Sanmartín a abandonar a confrontación coa Xunta e centrarse no traballo necesario para avanzar na declaración de Santiago como zona residencial tensionada.
"Dende o Grupo Municipal Socialista, pensamos que o goberno da señora Sanmartín debe deixarse de misivas e de correspondencia epistolar coa Xunta de Galicia", segundo o voceiro socialista ambas administracións teñen que "sentarse a traballar e modificar todo o que sexa necesario para que se poida culminar satisfactoriamente a declaración de Santiago como zona residencial tensionada".
Guinarte advertiu, ademais, de que "os egos das administracións públicas por ver quen ten máis razón non poden estar por enriba dos intereses da cidadanía, que necesita ver satisfeito o dereito a unha vivenda digna".
O voceiro socialista puxo como exemplo a cidade da Coruña, que "empezou despois que Santiago este proceso e, sen embargo, xa está culminado, xa está autorizado polo goberno central".

Gumersindo Guinarte
Dende o PSdeG, valoraron positivamente a declaración da cidade como zona residencial tensionada, algo que "os socialistas vimos reclamando dende fai ano e medio". Agora, advertiu Guinarte, é necesario que "esta medida aprobada no ámbito municipal non atope atrancos no ámbito da xestión da Xunta de Galicia que a Xunta de Galicia" reclamando que a propia Xunta "non poña trancos".
Guinarte concluíu lembrando que a vivenda é a principal preocupación da veciñanza compostelá: "Convén recordar que a vivenda é o problema que máis preocupa aos cidadáns de Santiago de Compostela. É precisamente esta medida o que pretende é topar os prezos para que a vivenda sexa un dereito asequible para os cidadáns e as cidadás e este dereito poida ser realmente unha realidade efectiva e non unha simple quimera".