A programación de actividades de celebración das Festas de Covadonga fará necesario realizar cortes de tráfico en varias rúas do barrio desde mañá, venres, día 12, até o domingo, 14 de setembro.
A Praza de Covadonga, onde se desenvolverán as actuacións programadas, pecharase á circulación de vehículos cada un dos 3 días desde as 17.00 horas. Á mesma hora tamén se pechará cada xornada a rúa Neptuno, onde estarán as atraccións festivas.
O domingo 14, cando está programada a procesión, cortarase o acceso á Praza de Covadonga e ás rúas adxacentes desde a Rampla Zaragoza, a rúa Guizamonde e a rúa Neptuno, entre as 13.00 e as 14.00 horas.