Galicia promóvese esta fin de semana en Fitur a través de degustacións, artesanía e baile e música galega
Despois de tres días de intensa actividade profesional con preto de 50 presentacións de destinos e novidades turísticas, o expositor de Galicia na Feira Internacional de Turismo (Fitur), abre esta fin de semana as súas portas ao público xeral a través de distintas actividades coa gastronomía e artesanía, así como a música galega como protagonistas.