O Teatro Colón abrirá as súas portas este venres, 18 de ebreiro, para a estrea do espectáculo ‘En tierra extraña’, unha obra escrita e dirixida por uan Carlos Rubio que, ademais, supón o debut teatral da cantante malagueña Diana avarro, protagonista da peza.
‘En tierra extraña’ narra un encontro ficticio entre as figuras de Concha Piquer e Federico arcía Lorca. Piquer, interpretada por Diana Navarro, amosa o seu desexo de coñecer a arcía Lorca, encarnado polo actor Alejandro Vera, coa idea de propoñerlle que o poeta lle scriba unha canción. Para iso, Piquer pide axuda ao seu colaborador Rafael de León Avelino Piedad) para citarse no Teatro Español de Madrid. Porén, a verdadeira motivación e Piquer para organizar este cara a cara é, en realidade, avisar a García Lorca da ituación irreversible do país, na antesala da Guerra Civil, e advertirlle de que o seu nome igura en varias listas negras, polo que lle recomenda fuxir.
A música é fundamental no desenvolvemento do espectáculo, e mestura a copla, o jazz, as ancións de Broadway, a música cubana e tamén a canción popular española para chegarse ao público. Desde a súa estrea, o pasado mes de novembro, ‘En tierra extraña’ olleitou o aprezo da crítica e asistentes, que coincidiron en destacar a calidade do spectáculo e os seus protagonistas, con cheos absolutos en todas as representacións evadas ata o momento en España.
As entradas para asistir ao espectáculo, con prezos que van desde os 15 ata os 20 euros, stán á venda a través da páxina web de Ataquilla.com e no despacho de billetes central do nstituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) da praza de Ourense (de 11.00 a 15.00, e de 16.30 a 19.30 horas). Os pases tamén poderán adquirirse o día da actuación, no espacho de billetes do Teatro Colón, desde dúas horas antes do comezo da función, empre que haxa entradas dispoñibles.
Tras Diana Navarro, o Colón acolle esta fin de semana o concerto de Ismael Serrano
Xa durante a fin de semana, concretamente o sábado 19 de febreiro (20.30 horas), o Teatro olón acollerá tamén o concerto do cantautor madrileño Ismael Serrano, que presenta na oruña o seu novo traballo, ‘Seremos’, o agardado álbum inédito co que se posicionou urante as primeiras semanas no número dous da lista de vendas.
Ademais, o domingo 20 (12.30 horas), o Teatro Colón ofrece a estrea dun recital de iolonchelo e piano interpretado por Carolina Landriscini e Andrés Hernández, que resentan o disco musical ‘El violonchelo en tiempos de Gaos’. Trátase dun proxecto que borda algunhas das obras para violonchelo e piano escritas nas dúas primeiras décadas o século XX tomando como punto de partida as contribucións do compositor coruñés ndrés Gaos Berea, e acompañándoas con obras escritas por outros compositores ao ongo dos primeiros vinte anos de dito século.