A vindeira sesión ordinaria do Pleno do Concello de Ourense, será a primeira aberta ao público tras a pandemia. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, confirmou que se habilitará o acceso ao anfiteatro do Auditorio Municipal, e que terá un aforo para 100 persoas. O público interesado, simplemente deberá dirixirse ao Auditorio Municipal.
Este próximo pleno, correspondente ao mes de abril, terá lugar o venres día 1 a partir das 9.00 horas, e como é habitual, tamén se poderá seguir en directo a través da páxina web do Concello www.ourense.gal.
![](https://pictures.lanocion.es/2022/marzo/30/la_asistencia__ixfligs.jpeg)