O Concello de Ourense e Avanza, empresa concesionaria do servizo de transporte urbano, colaboran co Banco de Alimentos na recollida de comida durante o Nadal. Durante os días de hoxe, xoves, 21, e mañá, venres, 22 de decembro, de 11.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 18.00 h, estará na Praza Maior de Ourense un autobús urbano no que todas as persoas que o desexen poderán colaborar coa recollida de comida, que se destinará ao Banco de Alimentos.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Asuntos Sociais, Ana Fernández, visitaron esta mañá o autobús da campaña e animaron a cidadanía a colaborar nela, realizando as súas achegas de alimentos non perecedoiros durante os días de hoxe ou mañá.