Pontevedra exhibe 'músculo' no sprint final para converterse en Capital Española da Gastronomía 2023
A II edición da Festa das Cunchas, a festividade gastronómica máis identitaria e potente do proxecto Pontevedra Capital Gastro e do noso concello, terá este ano un sabor moi especial, ao converterse nunha exhibición máis de 'músculo' en pleno sprint final da nosa cidade de cara a converterse en Capital Española da Gastronomía (CEG) 2023.