O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este domingo xunto ao Alcalde, Carlos López López, na entrega do Butelo de Ouro, que este ano recoñece a 13 mulleres e un home veciños do municipio que voluntariamente ofreceron o seu traballo para elaborar
mascarillas durante os primeiros meses da crise sanitaria, chegando a facer 5.000.