A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 20.984 deles 4.422 son da área da Coruña, 2.533 da de Lugo, 2.758 da de Ourense, 2.212 da de Pontevedra, 3.817 da área de Vigo, 3.369 da de Santiago e 1.773 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 24 están en UCI, 362 en unidades de hospitalización e 20.598 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 503.829 persoas curadas, rexistrándose 3.169 falecementos.
Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 15 de marzo:
- Muller de 89 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
- Muller de 64 anos, na área sanitaria de Vigo.
Día 16 de marzo:
- Muller de 83 anos, na área sanitaria de Ferrol.
- Home de 73 anos, na área sanitaria de Vigo.
As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 3.749.967.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.599.177.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 881 54 00 45 para dúbidas e síntomas leves
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e indicacións sobre o uso da máscara
Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.
Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara en espazos interiores.