Paula Alvarellos presentará a nova campaña 'Lugo, parte do teu camiño' na Feira Internacional de Turismo FITUR 2025
O Concello de Lugo estará presente na próxima edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR), que se celebrará en Madrid do 22 ao 26 de xaneiro de 2025, cunha nova campaña promocional titulada "Lugo, parte do teu camiño", que invita a descubrir a riqueza histórica, cultural e natural do municipio.