A área de Cohesión Social impulsa o II Maratón RCP “Lugo con Corazón” para seguir avanzando na formación cidadá en primeiros auxilios
O Concello de Lugo, a través da área de Cohesión Social, organiza o II Maratón de Reanimación Cardiopulmonar (RCP) 'Lugo con Corazón', unha xornada aberta á cidadanía coa que se busca reforzar a formación práctica da poboación en técnicas básicas de primeiros auxilios e no uso dos desfibriladores públicos instalados pola cidade.