Lara Méndez presenta a renovación integral das zonas infantís do Castiñeiro, que incluirán unha tirolina, rocódromo e elementos inclusivos
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou hoxe a veciñanza do Castiñeiro o proxecto de renovación integral dos parques infantís sitos na praza, que se reunifican nun só gran parque para gañar superficie e que recolle as peticións que lle fixeron chegar os máis cativos e as súas familias nas reunións que mantivo con eles, así como as solicitudes que trasladaron a través do programa de participación cidadá Dito e Feito.